Información

A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector do comercio para que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola COVID-19.

PECHADAS AS ANTERIORES CONVOCATORIAS, OTORGÁRONSE 856.565,94 EUROS EN AXUDAS E 43 CHEQUES DE CONSULTORÍA.

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DO COMERCIO LOCAL DOTADA CON 1.904.000 EUROS

1.904.000 euros en axudas

para gasto corrente realizado entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de novembro de 2020

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día seguinte á publicación no BOP ata o 15 de decembro. As solicitudes presentadas antes da apertura do prazo de presentación teranse por non presentadas.

Presentación obrigatoria por medios electrónicos.

Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago,  escolla o trámite "Solicitude de subvención co código CS006A" dentro do catálogo de trámites dispoñible.

Preguntas frecuentes:

Preguntas frecuentes sobre a presentación das axudas municipais aos sectores económicos afectados pola crise da Covid-19, anualidade 2021

O prazo será de quince días naturais que se contarán desde as nove da mañá (9.00 h) do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Non é obrigatorio, pero se se presenta non pasaría nada.

O que si é obrigatorio é o modelo específico para cada convocatoria: o CS006A.

Non é necesario, pero é obrigatorio indicalo no modelo CS006A, dentro do apartado de documentación, mediante a declaración de que eses documentos xa constan presentados no Concello nas datas e cos números de rexistro que se indican. No cadro correspondente debe enumerar a documentación que presentou no seu momento e indicar a data en que o fixo e o número de rexistro.

Para todas aquelas epígrafes do IAE incluídas no anexo II das bases da convocatoria.

Si, sempre e cando teña en conta que as axudas globais que unha persoa pode recibir ao abeiro do marco nacional temporal non pode ser maior de 800.000 € no mesmo exercicio fiscal.

É requisito que a sede da actividade estea no municipio de Santiago de Compostela. Non é imprescindible que a sede social da empresa estea neste Concello.

Todos os requisitos deben cumprirse no momento en que se publica a convocatoria no BOP. O requisito de non ser unha empresa en crise refírese á data do 31 de decembro de 2019.

Só será válida unha única solicitude por persoa solicitante. No caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude, entenderase que desiste das anteriores.

O número de persoas traballadoras é un dos criterios de valoración que se teñen en conta. Dentro do concepto de “persoa traballadora” inclúese tanto o persoal por conta allea como as persoas autónomas colaboradoras.

Calquera familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, da persoa autónoma titular do negocio que convive e traballa con ela.

Non. Dentro do concepto de persoa traballadora só se inclúen as persoas empregadas por conta allea mais as autónomas colaboradoras.

Non. O procedemento de concesión das axudas recollidas nesta convocatoria é de concorrencia competitiva. Isto quere dicir que terá prioridade quen obteña máis puntos segundo os criterios de valoración indicados na convocatoria. Só se terá en conta a orde de entrada da solicitude se se produce un empate por puntuación entre varias solicitudes. Nese caso, o desempate resolverase aplicando os criterios indicados na base 4.3 da convocatoria, segundo a orde de prioridade recollida. A orde de entrada da solicitude é o último criterio de desempate previsto.

Si. Simplemente non recibirá os 10 puntos que lle corresponderían polo primeiro criterio de valoración (non ser beneficiario/a de ningunha das axudas para rescate dos sectores afectados pola crise da Covid- 19).

Si. Simplemente debe ter en conta o límites establecido polo marco nacional temporal de non ter axudas superiores aos 800.000 euros no mesmo exercicio fiscal.

Só serán compatibles coas axudas municipais dirixidas a restauración, hospedaxe ou turismo, cando a axuda se solicite para unha actividade empresarial distinta que se desenvolve ademais nun local ou establecemento tamén distinto. A modo de exemplo, unha persoa que ten un hotel e un comercio poderá optar á convocatoria de axudas para comercio e hospedaxe, dirixindo cada solicitude á convocatoria correcta en atención ao sector de actividade afectado.

Serán incompatibles se ambas as dúas actividades se desenvolven nun mesmo establecemento ou local. A persoa solicitante deberá solicitar a axuda que corresponda coa actividade principal da empresa. A modo de exemplo: un hotel que conta un pequeno punto de venda de artigos de agasallo na planta baixa, deberá concorrer á convocatoria de hospedaxe, incompatible coa convocatoria do sector comercio.

Os anexos estarán dispoñibles en http://santiagodecompostela.gal/ e en http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/

(Anexo I: modelo CS006A. Anexo II: epígrafes do imposto de actividades económicas subvencionables)

Consultas e máis información

Podes facernos chegar as túas dúbidas enchendo o seguinte formulario de consulta ou chamando, en horario de 10 a 14h e 16 a 19 h, o teléfono

Formulario de consulta